Casco Histórico de Tui
En 1967 declárase Conxunto Histórico-Artístico á cidade de Tui. O barrio antigo constitúe o corazón e a orixe da cidade de Tui, así como o seu maior activo, cunhas singularidades propias derivadas da situación estratéxica do concello, fronteirizo con Portugal. Este feito fronteirizo definido fisicamente polo río Miño, é un feito fundamental ao longo da historia que enmarca o desenvolvemento do conxunto urbano de Tui en base á estrutura física da topografía do lugar. O ámbito, de especial interese arquitectónico, histórico e artístico, comprende a zona centro, a de Santo Domingo e a de San Bartolomé. Esta área foi declarada o 6 de setembro de 2001 nela sitúanse 279 vivendas obxecto de rehabilitación.
© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.