Casco Histórico de Noia
A orixe de Noia, no seu emprazamento actual, remóntase á 1168. A actividade comercial que se desenvolve durante a alta idade media, permitiu o desenvolvemento sucesivo de cercas defensivas que subxacen na morfoloxía actual da vila.
O ámbito do casco histórico de Noia foi declarado Conxunto Histórico en 1985 e conta cun Plan Especial de Reforma Interior co que se tratou de conservar inmobles de valor histórico e de integrar, dentro do posible, as edificacións existentes. O centro histórico considérase fundamentalmente residencial, admitindo a presenza doutros usos compatibles como o comercial, hostaleiro, oficinas, artesanal, etc., sempre que se adapten ás condicións de uso establecidas na normativa específica.
Esta área foi declarada o 23 de maio de 2001 na que se sitúan 367 vivendas obxecto de rehabilitación.
© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.