Casco Histórico de Lugo
O ámbito é coincidente, no seu contorno, co do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma interior do recinto amurallado e a súa zona de influencia da cidade de Lugo de agosto de 1997. Na cidade histórica perduran superpostos tecidos de moi diversa procedencia histórica unidos pola muralla romana. Hai tres elementos que caracterizan a estrutura urbana intramuros: en primeiro lugar, unha tipoloxía medieval, con escaso peso do espazo público e tecido edificado denso; en segundo lugar, unha estrutura de fileiras sucesivas e, en terceiro lugar, a supervivencia da muralla, que singulariza o conxunto. No recinto amurallado existen ambientes urbanos e elementos singulares moi relevantes aos que se une a riqueza arqueolóxica do subsolo, resto da súa fundación romana. As vivendas do ámbito supoñen case un 7% do total de vivendas do municipio. Estas vivendas agrúpanse en 687 edificios, xa que 79 edificacións non albergan usos de vivenda. Esta área foi declarada o 13 de marzo de 1998 e nela sitúanse 2.268 vivendas.
© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.