Casco Histórico da Vila de Ribadeo

Área de Rehabilitación Integral
Ribadeo

Esta área foi declarada o 11 de maio de 2001 e comprende 860 vivendas susceptibles de rehabilitación nunha superficie aproximada de 28 hectáreas. A área de rehabilitación coincide co ámbito do casco antigo da vila, tal e como está delimitado no Plan Xeral de Ordenación Urbana que coincide, á súa vez, co expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural. O casco antigo localiza unha porción moi pequena de actividades comerciais e de servizos. A perda de poboación e o envellecemento demográfico van reducindo paulatinamente o uso residencial do casco antigo, favorecendo o deterioración dos edificios.

Posteriormente, o 10 de xaneiro de 2012 acórdase, a solicitude do concello, rectificar a declaración da Área do Casco Histórico da Vila de Ribadeo no sentido de desprazar a liña do ámbito sen afectar ao número de vivendas incluídas na declaración inicial.

Imaxe aérea
Casco Histórico da Vila de Ribadeo

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.