Casco Antigo de Chantada
A área urbana de Chantada tivo as súas orixes ao norte do río Asma, apoiándose as antigas edificacións nas marxes da antiga vía que entraba no municipio por Belesar e comunicaba a zona de Ponferrada coa capital de Lugo.
A delimitación da área procede do ámbito “protexido” establecido no Plan Xeral de Ordenación Urbana do municipio de Chantada de 1985 e ten unha superficie aproximada de 3,8 hectáreas. O casco antigo pode ser considerado como un conxunto unitario pola súa morfoloxía practicamente uniforme. O ámbito conformado pola Praza de España ou Praza do Cantón, o seu entorno inmediato conforman un espazo de gran valor arquitectónico e ambiental.
As vivendas agrúpanse en 155 edificios, o que representa o 16% do total das vivendas da área urbana.
Esta área foi declarada o 05 de xuño de 2000 e comprende 343 vivendas.
© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.