Barrios Serra de San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada (Ourense)

Área de Rehabilitación Integral Xeral
Ourense

O ámbito da área está moi ligado ao percorrido da liña de ferrocarril no entorno da Estación de San Francisco. A área delimitada responde a unha zona clasificada como solo urbano consolidado, froito dun crecemento urbanístico principalmente desenvolvido a partir dos anos 60. Nesta zona coexiste o modelo de vivenda unifamiliar dunha ou dúas plantas cos edificios de vivendas de 5 ou máis plantas e a creación de pequenas urbanizacións. A tipoloxía edificatoria no Barrio da Inmaculada está caracterizada pola diversidade, vivendas unifamiliares con algúns bloques de vivendas, sector eminentemente residencial e con pouca presenza de establecementos comerciais. O Barrio Serra de San Mamede é unha área fundamentalmente residencial cun conxunto de bloques pareados de tres alturas. No Barrio Cruceiro Quebrado conxúganse edificacións de distintas épocas, trátase dunha realidade heteroxénea onde conviven edificacións de diferentes características. Esta área foi declarada o 15 de setembro de 2015. A delimitación ten unha superficie de 24,88 hectáreas na que se sitúan 511 vivendas susceptibles de rehabilitación

Imaxe aérea
Barrios Serra de San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada (Ourense)

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.