Barrios Históricos A Magdalena e Ferrol Vello

Área de Rehabilitación de Centro histórico
Ferrol

O ámbito da área coincide co establecido pola Revisión e Adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal para o Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Ferrol Vello (PE-2-R) e Plan Especial de Protección e Rehabilitación do conxunto histórico do Barrio da Magdalena (PE-4-R). O dito ámbito comprende unha superficie de 31,45 hectáreas; 28,05 hectáreas corresponden ao Barrio da Magdalena e 3,4 hectáreas a Ferrol Vello. Hai poucas vivendas unifamiliares e moi poucas vivendas nas plantas baixas. A distribución da vivenda nos edificios evolucionou para andares altos, reservándose a planta baixa para outros usos, en xeral, locais.

Esta área foi declarada o 06 de setembro de 2001 e inclúe un total de 1.251 vivendas. 

Imaxe aérea
Barrios Históricos A Magdalena e Ferrol Vello

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.