Barrio da Sagrada Familia (A Coruña)

Área de Rehabilitación Integral
A Coruña

O Barrio da Sagrada Familia comeza a súa construción no ano 1954 e o seu auxe de crecemento sitúase entre finais dos 60 e principios dos 70. Trátase dunha realidade heteroxénea onde coexisten vivendas de máis de corenta anos con vivendas de nova construción.

Esta área foi declarada o 27 de abril de 2006 e programouse actuar na rehabilitación dos edificios e vivendas do ámbito considerado, executándose obras de recuperación de elementos comúns dos edificios, así como outras de adecuación de habitabilidade das vivendas. Posteriormente o 02 de setembro de 2008 modifícase a anterior declaración no senso de ampliala, trátase dunha superficie aproximada de 6,30 hectáreas na que se sitúan 1.732 vivendas obxecto de rehabilitación.

Imaxe aérea
Barrio da Sagrada Familia (A Coruña)

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.

Imaxes