Barrio da Graña (Ferrol)

Área de Rehabilitación Integral
Ferrol

O ámbito abrangue unha superficie de 15,70 hectáreas. A situación nunha ladeira cara ao mar con moita pendente, fai que o barrio se estruture na actualidade ao longo de dúas vías principais que se adaptan no seu percorrido á pendente.

O barrio caracterízase pola presenza maioritaria do uso residencial e a súa disposición en pendente orixina o desenvolvemento de tipoloxías edificatorias con patio, hortas en socalcos ou plantas en semisotos. A distribución da vivenda nos edificios é prioritariamente unifamiliar e a ocupación do uso vivenda na planta baixa é moi habitual.

Esta área foi declarada o 06 de xuño de 2005 e comprende un total de 148 vivendas.

Imaxe aérea
Barrio da Graña (Ferrol)

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.