ARI de San Pablo

Área de Rehabilitación Integral
Vigo

O ámbito está formado polas vivendas do Grupo Sindical San Pablo en Vigo e atópase entre a autoestrada A9 de entrada á cidade e a vía do ferrocarril. A rúa Robleda, que o delimita pola parte sur coa vía do ferrocarril Vigo-Pontevedra e a rúa Coutadas ao norte.

A superficie total é de 4.142,50 m² onde tamén están incluídas a superficie de viario, zonas libres e equipamentos públicos interiores ao ámbito.

Esta área declarada o 2 de xuño de 2021, conta con 80 vivendas agrupadas en 10 edificios.

Imaxe aérea

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.