ARI de Espiñeiro-Teis
Área de Rehabilitación Integral
Trátase dunha ARI de ámbito descontinuo, formado polas vivendas situadas en Espiñeiro e a rúa Enrique Lorenzo no barrio de Teis, no Concello de Vigo.
Componse de dúas zonas:
- A zona norte, coñecida co nome de Espiñeiro. Está delimitada ao sur, polo camiño Maceiras; ao leste, polo camiño Cancelo; e ao norte e oeste, por parcelas privadas.
- A zona sur. Está delimitada ao sur, polas rúas Enrique Lorenzo e Santa Tegra; ao leste, pola rúa Purificación Saavedra; e ao norte e oeste, por parcelas privadas.
A superficie total do ámbito é de 20.447,42 m² onde tamén están incluídas a superficie de viario, zonas libres e equipamentos públicos interiores ao ámbito.
Esta área declarada o 2 de xuño de 2021 inclúe 386 vivendas, agrupadas en 30 edificios.
© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.