ARI de Beiramar

Área de Rehabilitación Integral
Vigo

O ámbito desta Ari situada no Concello de Vigo, comprende o Grupo de vivendas en Beiramar, situado entre os números 145 e 157. Está delimitado pola rúa Beiramar ao nordeste, espazo libre ao leste e parcelas privadas ao sur e oeste.

A superficie total é de 2.808,60 m2 onde tamén están incluídas a superficie de viario, zonas libres e equipamentos públicos interiores ao ámbito.

Esta área declarada o 2 de xuño de 2021, conta cun total de 70 vivendas agrupadas en 7 edificios.

Imaxe aérea

© Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.