Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, achegouse hoxe ata este barrio pontevedrés para dar conta destas actuacións

A Xunta licita por 7,6 M€ as obras de 48 novas vivendas públicas en Valdecorvos e avanza no trámite ambiental do PIA para desenvolver solo residencial en San Mauro

Escoitar

Allegue avanzou que a Xunta tamén adxudicará antes de que remate o ano as obras para outro bloque de 56 novas vivendas

Destacou que no vindeiro ano comezará a construción destes novos edificios, ao tempo que se prevén entregar as 74 vivendas públicas cuxas obras avanzan a bo ritmo

Puxo en valor a aposta da Xunta por este barrio, que contará con 236 novas vivendas, ás que se suman as 53 en Tafisa e as 11 das Devesas

Sinalou que se remitiu á Dirección Xeral de Calidade Ambiental o proxecto para iniciar o procedemento ambiental do PIA do ámbito de San Mauro, onde se desenvolverá solo para construír outras 2.000 vivendas por parte de promotores e cooperativistas

Subliñou que os Orzamentos da Xunta para 2026 incrementan a dotación das axudas a promotores e cooperativistas, triplicando a contía ao pasar de 5M€ a preto de 15M€

Thu Nov 06 13:09:23 CET 2025
  • Compartir

Pontevedra, 6 de novembro de 2025

A Xunta licita por 7,6M€ as obras de 48 novas vivendas públicas en Valdecorvos, en Pontevedra, e avanza no procedemento ambiental do PIA para desenvolver solo residencial en San Mauro.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, deu conta hoxe da licitación deste actuación, que xa recolle a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.  O prazo de presentación de ofertas rematará o vindeiro 22 de decembro.

Este novo edificio no barrio de Valdecorvos constará de 6 plantas, garaxe  e varios locais comerciais.

Allegue avanzou que a Xunta tamén adxudicará antes de que remate este ano as obras para outro bloque de 56 novas vivendas.

Neste sentido, destacou que no vindeiro ano comezarán as obras destes novos edificios, ao tempo que se prevén entregar as 74 vivendas públicas, cuxos traballos avanzan a bo ritmo.

Puxo en valor a aposta da Xunta por este barrio, que contará con 236 novas vivendas, ás que se suman as 53 en Tafisa e as 11 das Devesas.

Remarcou que en conxunto a Xunta ten comprometido xa un investimento de 60M€ destinado á construción de novas vivendas públicas en Pontevedra e concretou que un total de 28,19M€ están consignados para 2026.

Ademais a conselleira lembrou que o Goberno galego está avanzando na Estratexia de desenvolvemento de solo, que en Pontevedra suporá a construción doutras 2.000 vivendas máis, por parte de promotores e cooperativistas.

A este respecto, puntualizou que a Xunta vén de remitir á Dirección Xeral de Calidade Ambiental o proxecto para iniciar o procedemento ambiental que permita continuar coa tramitación administrativa do PIA do ámbito de San Mauro no que se desenvolverá solo residencial.

Novas medidas

Por outra parte, María M. Allegue sinalou que o Executivo autonómico activará o vindeiro 1 de xaneiro novas medidas que posibilitarán sumar máis vivendas. 

Apuntou que “ogallá o vindeiro ano se poidan ver máis proxectos de nova vivenda nos solos dotacionais que hoxe están en estado de abandono ou desuso,  o que permitirá incrementar a oferta de aloxamentos e revitalizar zonas degradadas na cidade”.

Salientou que se incrementará a edificabilidade nun 20% sempre que a promoción adique alomenos o 60% a vivenda protexida.

Remarcou que os concellos tamén poderán promover e desenvolver Proxectos de Interese Autonómico para a creación de solo destinado ao menos nun 80% á construción de vivenda protexida.

Subliñou ademais que os Orzamentos da Xunta para 2026 incrementan a dotación das axudas a promotores e cooperativistas, triplicando a contía ao pasar de 5M€ a preto de 15M€.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova
Tipo información: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal