Xunta y concello de Sandiás asinan o convenio para a mellora de servizos e humanización do núcleo de Santa Ana, cun investimento de máis de 320.000 euros
Trátase de actuar neste núcleo da parroquia de Santo Estevo de Sandiás, que forma parte do contorno de protección de elementos do patrimonio cultural, e inclúe zonas concentradas e unha zona de montes en man común
A Xunta achega o 70% do orzamento das actuacións, cun investimento de 225.000 €, e contratará e executará as obras, e o Concello asume o 30% restante e a incorporación das actuacións ao patrimonio público municipal
Trala sinatura do convenio, prevense licitar as obras en primavera para poder iniciar de seguido a actuación, que ten un prazo de execución de 4 meses
Esta colaboración enmárcase no Plan Hurbe, programa impulsado pola Xunta co fin de axudar as administracións locais a financiar a financiar actuacións singulares na recuperación espazos públicos e ofrecerlle máis posibilidades de desfrute á cidadanía
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o alcalde de Sandiás. Felipe García Traveso, asinaron esta mañá o convenio para executar as obras de mellora de servizos e humanización do núcleo de Santa Ana, que suporán un investimento de 322.615 euros. Na sinatura deste acordo, estiveron tamén a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.
Este acordo, a través do que a Xunta asume o nun 70% ás intervencións -achegará un investimento de 225.830 euros- e contratará e executará as obras. Esta colaboración da Xunta co ámbito local realizase a través do Plan Hurbe, co que se axuda aos concellos a financiar actuacións singulares que poidan recuperar espazos públicos ou mellorar equipamentos públicos para ofrecerlles máis posibilidades de desfrute á cidadanía.
Pola súa banda o Concello, tal e como recolle o acordo selado esta mañá en San Caetano, achegará o 30% restante do custo das actuacións, 96.784 euros, e redactará o proxecto das obras, realizará as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.
Trala sinatura do convenio hoxe, prevense licitar as obras en primavera para poder iniciar de seguido a actuación, que ten un prazo de execución de 4 meses.
Neste caso, o obxectivo da colaboración da Xunta coa administración local é actuar neste núcleo da parroquia de Santo Estevo de Sandiás, que forma parte do contorno de protección de elementos do patrimonio cultural, e inclúe zonas concentradas e unha zona de montes en man común.
Coas obras previstas baixo o convenio asinado hoxe procederase á renovación e ao soterramento dos servizos urbanos da rede de baixa tensión, a rede de telecomunicacións e a rede de iluminación pública. Así mesmo, está proxectada a reposición dos pavimentos na zona de intervención.
Trala sinatura do convenio hoxe, a Xunta prevé licitar as obras en primavera para poder iniciar de seguido a actuación, que ten un prazo de execución de 4 meses.
Baixo este acordo, o departamento que dirixe M.M. Allegue segue impulsando a continuada colaboración coas entidades locais para a execución de obras e outras actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.