Escoitar
A Xunta sortea mañá 14 vivendas públicas en Xuxán e 4 en San Andrés, na Coruña, destinadas a alugueiro accesible
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2026
A Xunta sorteará mañá, martes 14 de xullo, 14 vivendas públicas no barrio de Xuxán e outras catro froito da rehabilitación dun edificio na rúa San Andrés, 88, na Coruña, destinadas a alugueiro accesible. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, asistirá a este sorteo, que comezará as 10,00 horas no edificio administrativo da Xunta en Monelos.
O sorteo realizarase ante notario destas vivendas entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda e trátase do primeiro sorteo no que xa se considera o aumento do limiar máximo de renda ata 4 veces o Iprem, 4,5 en familias numerosas.
Os requisitos dos beneficiarios serán, entre outros, atoparse inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda para o concello da Coruña como municipio preferente; e residir ou traballar neste concello.