A Xunta recibe tres ofertas para a redacción do proxecto de execución de 63 vivendas públicas en Paradai, no concello de Lugo

A estimación de investimento total nestas vivendas é de preto de 12M€

Trátase de construír 63 vivendas protexidas, garaxes e rochos nas catro parcelas cedidas polo Concello 

O Goberno galego, mantén o ritmo de traballo no obxectivo  de acadar o reto de chegar ás 4.000 novas vivendas protexidas nesta lexislatura, tendo xa en marcha neste momento, máis de 2.800 vivendas en distintas fases de execución 

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2025

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), recibiu tres ofertas para a redacción do proxectos básico e de execución e dirección de obra para a construción de 63 vivendas de promoción pública en solo permutado co Concello de Lugo, na zona de Paradai.

Trátase de construír 63 vivendas protexidas, garaxes e rochos nas catro parcelas cedidas polo Concello no polígono 4 de Paradai, que se corresponden coas parcelas 2, 3A, 3B e 3C situadas na rúa Paradai de Arriba. E que teñen unha superficie total de 953 m2. O investimento total da Xunta nesta promoción suporá un investimento que se estima rolda os 12M€

Este contrato, licitado por importe de 401.983 euros, conta cun prazo de cinco meses para a elaboración dos proxectos, unha vez adxudicado o mesmo. 

O Goberno galego, mantén o ritmo de traballo no obxectivo  de acadar o reto de chegar ás 4.000 novas vivendas protexidas nesta lexislatura e acadar así 8.000 vivendas, tendo xa en marcha neste momento, máis de 2.800 vivendas en distintas fases de execución.