A Xunta recibe seis ofertas para a redacción do proxecto de construción de 12 vivendas públicas en San Cibrao das Viñas

O departamento que dirixe María M. Allegue estima en 2,3M€ o investimento total que suporá a construción deste novo inmoble, que se sitúa nunha parcela cedida polo Concello

Santiago de Compostela, 1 de novembro de 2025

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu un total de seis ofertas de empresas para a redacción dos proxectos básico e de execución e da dirección de obra para a construción dun edificio de promoción pública de 12 vivendas en San Cibrao das Viñas,

O investimento estimado nesta nova actuación do departamento que dirixe María M. Allegue se estima acadará os 2,3M€. A Xunta abordará a construción destes novos fogares a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal).

Trátase de impulsar un inmoble de 12 vivendas públicas na parcela situada na Urbanización Gonoba, concretamente na rúa do Falcón. Esta parcela contan cunha superficie de preto de 470 m2  e foi cedida á Xunta de xeito gratuíto polo Concello.

A Xunta segue mantendo a colaboración cos concellos para acadar máis solos para a promoción de vivendas públicas con acordos xa coas administracións locais de Narón, Carballo, Lugo, Pontevedra, A Coruña, Vilagarcía, Ames, Lalín ou A Estrada, entre outros.

Nesa liña, o departamento que dirixe M. Allegue segue a redobrar esforzos para facilitar o acceso á vivenda, a través de distintas vías. En canto á construción de nova vivenda protexida, o Goberno galego conta xa con preto de 3.000 fogares en marcha, en diferentes fases de tramitación.