A Xunta recibe 29 ofertas para a redacción dos proxectos de construción de 116 vivendas de promoción pública no polígono do Bertón, en Ferrol

Trátase dos proxectos de dous bloques de 58 vivendas cada un, que se construirán nas parcelas 14 e 15 urbanizadas pola Xunta

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024

A Xunta vén de recibir un total de 29 ofertas para a redacción dos proxectos e dirección de obras da construción de 116 vivendas de promoción pública nas parcelas 14 e 15 do polígono do Bertón, en Ferrol, ás que se destina un investimento de 913.575 €.

Trátase dos proxectos de dous bloques de 58 vivendas cada un, cun total de 116 vivendas, nestas parcelas urbanizadas pola Xunta. Para un dos bloques recibíronse 15 ofertas e para o outro, un total de 14.

Un dos edificios de 58 vivendas de promoción pública situarase na parcela 14, de 1.935 m2, e a licitación saíu a concurso por 460.617 euros, mentres que o segundo estará situado na parcela 15, de 1.882 m2, e o prezo de licitación é de 452.957 euros.

A Xunta xa ten licitada a redacción dos proxectos doutras 253 vivendas de promoción pública que se construirán no Bertón.

Dese total, no pasado mes de agosto adxudicouse a redacción dos proxectos de 54 vivendas, que se construirán en dúas parcelas de 27 cada unha.