A Xunta recibe 24 ofertas para a redacción do proxecto para construír 169 vivendas públicas en Garabolos, no concello de Lugo

A Xunta financiará con fondos propios a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción destas novas vivendas de promoción pública, cuxo orzamento da execución das obras se estima nun investimento de 27 M€

É a cuarta actuación que a Xunta está a desenvolver neste barrio da cidade, o que permite impulsar un total de 460 vivendas

A Xunta mantén o ritmo de traballo no obxectivo de acadar o reto de chegar ás 4.000 novas vivendas protexidas na comunidade nesta lexislatura, tendo xa en marcha neste momento, máis de 2.000 vivendas en distintas fases de execución

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2025

A Xunta vén de recibir 24 ofertas de empresas para a redacción do proxecto básico e de execución e a dirección de obra para construír 169 novas vivendas de promoción pública, en Garabolos, no concello de Lugo.

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) licitou este contrato, cun investimento de fondos propios da Xunta que rolda o 1,2 M€.

As 169 novas vivendas de promoción pública se sitúan na parcela A da unidade de actuación Norte 1-Norte 2, en Garabolos, que conta cunha superficie de 3.330 m2.

O orzamento da execución das obras se estima suporá un investimento de 27 M€.

Esta é a cuarta actuación que a Xunta está a desenvolver neste barrio da cidade e o segundo que licita a través de Vipugal, para impulsar un total de 460 vivendas en Garabolos.

A Xunta mantén o ritmo de traballo no obxectivo de acadar o reto de chegar ás 4.000 novas vivendas protexidas na comunidade nesta lexislatura, tendo xa en marcha neste momento, máis de 2.000 vivendas en distintas fases de execución.