A Xunta licita por 532.250€ os traballos de humanización das rúas Forcarei e dos Mollaos, no concello do Pino

A través desta actuación acondicionaranse estas dúas rúas situadas no núcleo do Pedrouzo, mellorando os accesos e os servizos e dotacións municipais, nesta entorna de paso do Camiño de Santiago

As obras enmárcase no Plan Hurbe, un programa da Xunta para colaborar cos concellos no impulso de actuacións de mellora de contornas urbanas, accesibilidade e dotacións e equipamentos públicos

As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 2 de outubro

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2025

A Xunta vén de licitar por importe de 532.250€ as obras de humanización da rúa Forcarei e a rúa dos Mollaos, no concello do Pino.

Esta actuación enmárcase no Plan Hurbe, co que a Administración autonómica colabora cos concellos no impulso de actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos para contribuír á revitalización do territorio.

A través desta intervención, actuarase nestas dúas rúas situadas no núcleo urbano do Pedrouzo, mellorando os accesos e os servizos e dotacións municipais, nesta entorna de paso do Camiño de Santiago. En concreto, a rúa dos Mollaos presenta un elevado tránsito de peregrinos, xa que en ela atópanse 3 aloxamentos que dan servizo a estes.

As empresas poderán presentar as súas ofertas para este contrato ata o 2 de outubro.

A execución destas obras enmárcase nas medidas e liñas de colaboración do Plan Hurbe, coas que a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas se contribúe a promover o desenvolvemento das vilas e núcleos rurais da comunidade autónoma como motores de dinamización que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.

A través do convenio asinado pola Xunta e o Concello ao abeiro do Plan Hurbe, o Goberno galego financiará asumirá o 70% do orzamento das actuacións e executará as obras, e o Concello do Pino achegará o 30% restante do custe.