A Xunta iniciará este ano as obras de rehabilitación dun inmoble na rúa San Andrés 88, na Coruña, para habilitar 3 vivendas de promoción pública para alugueiro

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de recibir dúas ofertas para executar estas obras, licitadas por investimento de máis de 1,3M€

A actuación enmarcase no programa Rexurbe, co que a Xunta promove a rehabilitación en centros históricos para logo cualificar as vivendas como públicas e ofrecelas en alugueiro accesible a persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda

No marco do programa Rexurbe, a Administración autonómica ten adquirido un total de 94 inmobles en once concellos, que darán lugar a 167 vivendas públicas, das que 33 xa están finalizadas e unha decena en obras

O investimento ata agora en adquisición, obras, licitacións e proxectos acada os 30M€, dos que 28,6M€ son fondos da Xunta e os 1,39 restantes fondos europeos, que se investirán en 24 das 167 vivendas previstas

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2025

A Xunta está a avanzar na contratación das obras de rehabilitación dun inmoble na rúa San Andrés 88, para habilitar 3 vivendas de promoción pública destinada ao alugueiro, no casco histórico da Coruña, tras recibir dúas ofertas de empresas para executar esta actuación.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), licitou as obras por un investimento de máis de 1,3M€ e a previsión é inicialas este mesmo ano.

Esta intervención enmarcase no programa Rexurbe, a través do que a Xunta promove a rehabilitacións en centros históricos para logo cualificar as vivendas resultantes como públicas e ofrecelas en alugueiro accesible a persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.

A través deste programa, a Xunta, ademais de facilitar o acceso á vivenda, axuda a recuperar e dinamizar os centros históricos, e tamén incentiva á iniciativa privada para a recuperación destes conxuntos.

Desde a posta en marcha do programa Rexurbe en Galicia son 94 os inmobles os adquiridos pola Administración autonómica, cos que se prevé crear 167 vivendas públicas, das que 33 xa están finalizadas e unha decena en obras.

O investimento da Xunta ata agora, entre adquisicións, proxectos, obras e licitacións, acada os 30M€, a meirande parte (28,6M€) de fondos da Xunta e o resto (1,39M€) procedentes de fondos europeos MRR, que axudarán a financiar 24 das 167 vivendas previstas.