A Xunta inicia as obras de construción de 49 vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, cun investimento de 8,1 M€

Este novo edificio albergará pisos de 2, 3 e 4 dormitorios e “serán fogares eficientes enerxeticamente, con calificación enerxética A, e accesibles”

Trátase da cuarta promoción en obras neste barrio, onde con estas están en execución 172 novas vivendas, ás que próximamente se sumarán 180 máis

Cómpre lembrar que a Xunta comezou hai tres semanas as obras de construción doutra promoción de 75 novas vivendas de promoción pública neste barrio

Allegue recordou que o Goberno galego está a incrementar o número de vivendas públicas e xa están en marcha máis de 4.600 na comunidade

Ferrol, 6 de outubro de 2026

A Xunta inicia as obras de construción de 49 vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, cun investimento de 8,1M€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou hoxe este barrio ferrolán.

Allegue lembrou que hai tres semanas a Xunta deu conta do inicio dunha promoción de 75 vivendas públicas neste mesmo ámbito e hoxe súmase o comezo das obras para outro inmoble de 49 fogares.

Trátase da cuarta promoción en obras neste barrio, onde con estas están en execución 172 novas  vivendas, ás que próximamente se sumarán 180 máis. Recordou que neste barrio está en marcha un investimento comprometido de preto de 80M€.

Este novo edificio albergará pisos de 2, 3 e 4 dormitorios e  “serán fogares eficientes enerxeticamente, con calificación enerxética A, e accesibles”.

Fixo fincapé en que a Xunta está a traballar para incrementar o número de vivendas a través da promoción pública, e ao mesmo tempo incentivando a construción de vivenda protexida.

Ademais remarcou a colaboración que está a realizar a Xunta cos concellos para impulsar a construción de máis vivenda pública.

Recordou que o Goberno galego ten en marcha actualmente máis de 4.600 vivendas públicas na comunidade.