Escoitar
A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública no municipio da Pontenova
A Pontenova (Lugo), 24 de setembro de 2026
A Xunta entregou unha vivenda de promoción pública en réxime de alugamento na avenida de Taramundi do municipio da Pontenova. O domicilio conta con 81 metros cadrados e dispón de tres dormitorios; ademais de garaxe e rocho.
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, acudiu ao acto de entrega das chaves á á persoa adxudicataria, seleccionada mediante sorteo entre a lista de solicitantes de vivenda protexida no municipio.
Villares apuntou que cando un domicilio queda vacante, axilízanse os trámites para poñelo á disposición dun novo usuario. Lembrou que todas as persoas interesadas en optar a este recurso deben inscribirse no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, un trámite que ten o prazo aberto durante todo o ano.
O delegado destacou que a Xunta impulsa diferentes medidas e liñas de axudas para facilitar o acceso da cidadanía galega á vivenda. A principal novidade é o aumento dos límites máximos de renda para optar á vivenda protexida, co fin de que poidan beneficiarse máis familias, unha iniciativa que entrou en vigor este ano.