A Xunta entrega en réxime de alugueiro unha vivenda de promoción pública en Xove

Xove (Lugo), 30 de setembro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, fixo esta mañá entrega dunha vivenda de promoción pública na localidade de Xove, adxudicada en réxime de alugueiro. Trátase dun piso de tres dormitorios con 80,5 metros cadrados de superficie, e conta con rocho.

O delegado lembrou que as persoas interesadas en optar a estas adxudicacións deben inscribirse no Rexistro único de demandantes de vivenda, e poden facelo de forma presencial ou telemática.

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,   incrementando o parque público con novas construcións e ampliando os límites de ingresos esixidos para incluír un maior segmento de poboación destinataria. Ademais, lembrou que o Instituto Galego da Vivenda e Solo ten abertas varias convocatorias de axudas destinadas á compra, rehabilitación ou alugamento.