A Xunta de Galicia adxudica as obras de construción de 16 vivendas de promoción pública en Pontevedra

Adxudícanse as obras de construción de 13 vivendas na rúa As Devesas, por importe de máis de 2,4 millóns de euros

Tamén se adxudica a transformación de locais de Valdecorvos en tres vivendas, cun investimento de máis de 351.000 euros

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026

O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou hoxe a adxudicación de dous contratos para a construción de 16 novas vivendas de promoción pública en Pontevedra

O consello de administración autoriza a adxudicación do contratos para a construción dun inmoble de 13 vivenda na rúa As Devesas, nunha parcela cedida polo concello. A empresa adxudicataria do contraro será Coviastec S.L. por importe de 2.431.204,90 euros.

O edificio, construirase segundo o proxecto redactado por UTE M Vázquez Fariña-Rodríguez Fontán e adxudicado por 99.999,99 euros, e disporá de 13 vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e dous locais comerciais distribuídos entre soto, planta baixa, tres plantas altas e un baixo cuberta.

Na planta soto haberá un rocho e 13 prazas de garaxe.

Na planta baixa estarán os dous portais de acceso, (en cada portal un armario de auga, un armario de electricidade, recinto de telecomunicacións e local de limpeza), un almacén de residuos, locais de instalacións, reserva centro de transformación e dous locais comerciais.

Nas pllantas primeira a terceira haberá tres vivendas de dous dormitorios e unha vivenda de tres dormitorio (3D) en cada planta. 

Finalmente, na planta baixo cuberta haberá unha vivenda de tres dormitorios e 12 rochos.

Transformación de locais

O consello de administración de Vipugal tamén autorizou a adxudicación do contrato para a transformación en tres vivendas de promoción pública dos locais existentes na parcela 13 de Valdecorvos, locais que son propiedade da Xunta.

A obra será encargada a Deseño, Enxeñería e Xestión de Obras S.L. por importe de 344.607,44 euros. O proxecto foi redactado por Germán Gómez Espejo, adxudicado por 33.396 euros.

En Pontevedra a Xunta de Galicia promove un total de 306 vivendas de promoción pública. Con estas adxudicacións a Xunta avanza no cumprimento do compromiso de duplicar o parque público de vivenda antes do remate de 2028 acadando as 8.000 vivendas, que serán 10.000 en 2030.

No marco deste compromiso, as primeiras chaves xa foron entregadas aos seus adxudicatarios no pasado mes de xullo en Pontevedra. Entón foron 74 as vivendas entregadas, que foron seguidas doutras 24 no mes de setembro en Santiago.