Escoitar
A Xunta de Galicia adxudica a obra de construción de 48 novas vivendas de promoción pública en Pontevedra
As vivendas construiranse na parcela P-17 de Valdecorvos, propiedade da Xunta de Galicia
O importe de licitación da obra é de máis de 9,5 millóns de euros
Construiranse integramente con cargo a recursos propios, sen ningún tipo de axuda estatal ou europea
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2026
O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou a adxudicación do contratos de execución das obras de construción de 48 vivendas de promoción pública que se construirán na parcela P-17 de Valdecorvos, propiedade das Xunta de Galicia.
A obra adxudicarase a Constructora San José por un importe de euros 9.011.777,24 euros.
O proxecto foi redactado por Elizabeth Abalo Díaz e Gonzalo Juan Alonso Núñez. O contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra foi adxudicado por 210.750,54 euros.
Este proxecto prevé a construción dun edificio de nova planta para dedicalo a 48 vivendas de promoción pública, con 56 prazas de garaxe, 48 rochos e 5 locais.
O edificio que se proxecta, é un bloque lineal de planta baixa, seis plantas e baixo cuberta, con dous núcleos de escaleiras. Na planta baixa están os 5 locais comerciais e portais.
No soto, que ocupa toda a parcela, sitúanse o garaxe e os cuartos de instalacións. Os rochos localízanse no baixo cuberta. Nas plantas intermedias están as 48 vivendas, 6 de 2 dormitorios das cales 2 son adaptadas, 36 de 3 dormitorios e 6 de 4 dormitorios.
A distribución das vivendas en función do número de dormitorios é a seguinte:
|
|
NÚMERO VIVENDAS |
SUPERFICIE UTIL MEDIA (m2) |
|
2 dormitorios |
6 |
70 |
|
3 dormitorios |
36 |
82 |
|
4 dormitorios |
6 |
90 |
|
TOTAL |
48 |
|
En marcha 306 VPP
En Pontevedra a Xunta ten en marcha, en distintas fases de desenvolvemento un total de 306 VPP, incluíndo o contrato autorizado hoxe. Deste cómputo total, 181 corresponden a solo propio da Xunta e 125 a parcelas cedidas polo Concello.
Na cidade, a Xunta tamén está a desenvolver o proxecto de Interese Autonómico (PIA) no ámbito de San Mauro para impulsar a construción de 2.010 vivendas, o 80% protexidas; dento da Estratexia Galega de Solo Residencial, coa que se propón construír 25.000 vivendas, 20.000 delas protexidas.
A Xunta mantén o compromiso de duplicar o parque de vivenda pública no período 2024-2028 para chegar ás 8.000 vivendas de promoción pública e a previsión do Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030 de chegar a 10.000 vivendas públicas no ano 2030.