A Xunta avanza na adxudicación das obras de construción de 146 vivendas de promoción pública en Garabolos, en Lugo, cun investimento de 25,7M€

Trátase dun edificio que albergará 76 vivendas de promoción pública na parcela C1 e outro edificio de 70 novas vivendas, a desenvolver na parcela B3

O Executivo autonómico traballa co obxectivo de ter rematados os dous edificios destas vivendas no ano 2026

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025

A Xunta avanza na adxudicación das obras de construción de 146 vivendas de promoción pública en Garabolos, en Lugo, cun investimento de 25,7M€.

A mesa de contratación propuxo hoxe a adxudicación, por unha parte, da construción dun edificio que albergará 76 vivendas de promoción pública na parcela C1, recaendo na empresa Construcciones Ramírez S.L., por un importe de case 13,5M€.

Por outra parte, no caso do outro edificio de 70 novas vivendas, a desenvolver na parcela B3, a proposta de adxudicación recaeu na empresa Civis Global, SLU. por un investimento que supera os 12,2M€.

O Executivo autonómico traballa co obxectivo de ter rematados os dous edificios destas vivendas no ano 2026.

Cómpre lembrar que tamén se lle está a dar un pulo definitivo á rehabilitación do barrio da Tinería, no emblemático casco histórico da cidade.

A Xunta tamén está desenvolver solo para a construción de vivenda, no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial. O ámbito escollido, en consenso co Concello, é o do Sagrado Corazón, onde se prevé desenvolver solo para 1.200 vivendas.

O Goberno galego segue avanzando na folla de ruta para duplicar a vivenda pública nesta lexislatura, ata acadar as 8.000 vivendas.