A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a construción de 48 vivendas de promoción pública en Valdecorvos, no concello de Pontevedra
Este contrato foi adxudicado por un investimento que rolda os 211.000 euros, e conta cun prazo de execución de tres meses e medio
Estas vivendas sumaranse ás 74 en execución desde o pasado mes de xullo
En total, o investimento previsto na construción das 178 vivendas de Valdecorvos superará os 35 M€
Santiago de Compostela 18 de decembro de 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, vén de adxudicar a redacción do proxecto para a construción de 48 vivendas, na parcela P-17 en Valdecorvos, no concello de Pontevedra.
Este contrato foi adxudicado o estudo de arquitecta de Elizabeth Abalo Díaz por un investimento que rolda os 211.000 euros, e conta cun prazo de execución de tres meses e medio.
Baixo este contrato trátase de deseñar o proxecto para executar, na citada parcela, de 1.147m2 de superficie, un novo edificio en Valdecorvos, con 48 vivendas, garaxes, rochos e locais, distribuídos en dúas plantas de soto, planta baixa, seis plantas e baixo cuberta, cuxas obras están presupostadas en 7,3M€.
Cómpre lembrar que a Xunta ten en execución desde o pasado mes de xullo a construción de 74 vivendas de promoción pública na parcela P-16 de Valdecorvos.
En total, o investimento previsto pola Administración autonómica na construción das 178 vivendas de Valdecorvos superará os 35 millóns de euros.