Escoitar
A Xunta adxudica por máis de 2 M€ as obras de construción de 12 novas vivendas de promoción pública na Coruña
Construiranse na rúa Rei Abdullah, nunha parcela cedida polo concello
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2026
A Xunta adxudicará a construción dun edificio de 12 vivendas de promoción pública no concello da Coruña á empresa Prosema Noroeste, S.L., por importe de 2.087.490 euros, segundo acordou hoxe o Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), presidido pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue.
As vivendas construíranse na parcela B5 do polígono F6.02-Praza Porticada I-PB5, na Rúa Rei Abdullah, que foi cedida polo concello da Coruña
Construirase un edificio de baixo e seis plantas.
A planta baixa estará dedicada a 12 rochos, centralizacións de contadores, cuarto de caldeiras, cuarto comunitario, cuarto de lixo e centro de transformación.
En cada unha das plantas 1 a 6 haberá dúas vivendas. Unha será de dous dormitorios e a outra de un, de maneira que en total haberá seis vivendas de cada tipo.
O proxecto foi redactado por Cristina Ansede Viz, adxudicado por 79.376 euros.