Escoitar
A Xunta aborda con Abanca vías de colaboración para o financiamento de vivenda protexida, no marco da Estratexia de desenvolvemento de solo residencial
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026
A Xunta aborda con Abanca vías de colaboración para o financiamento de vivenda protexida, no marco da Estratexia de desenvolvemento de solo residencial impulsada polo Goberno galego. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co director de Negocio Institucional desta entidade, José Lino Comesaña.
Cómpre lembrar que o Goberno galego ten en marcha a estratexia para o desenvolvemento de solo residencial para o impulso de 25.000 vivendas na comunidade, das que 20.000 serán protexidas.