Un total de 20 mozos do Concello de Curtis recibiron nos últimos 3 anos axudas da Xunta para adquirir vivendas

Nas dúas últimas convocatorias, Curtis sumou 13 beneficiarios destes incentivos, atopándose entre os concellos á cabeza en número de concesións destas axudas

Trátase das axudas do Goberno galego á adquisición de vivenda por parte de menores de 36 anos en concellos de menos de 10.000 habitantes, como Curtis

Allegue lembrou que hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de novas axudas para mercar vivendas, cun orzamento total de 3,8M€, que se incrementa en 400.000€ nesta liña para a mocidade

O prazo de presentación de solicitudes comenzará o 27 de xaneiro e rematará o 15 de outubro

Curtis (A Coruña), 14 de xaneiro de 2025

Un total de 20 mozos do Concello de Curtis recibiron nos últimos 3 anos axudas da Xunta para adquirir vivendas.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo esta tarde un encontro con beneficiarios destas achegas.

Nas dúas últimas convocatorias destas axudas, Curtis sumou 13 beneficiarios destes incentivos. Cabe sinalar que este 2024 é o segundo ano no que Curtis se atopa nos concellos á cabeza en número de concesións desta liña de axudas.

Trátase das axudas do Goberno galego á adquisición de vivenda por parte de menores de 36 anos en concellos de menos de 10.000 habitantes.

Allegue lembrou que hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de novas axudas para mercar vivendas, cun orzamento total de 3,8M€, que se incrementa en 400.000€ nesta liña para menores de 36 anos.

En relación a estas axudas a mozos, a contía máxima da achega pode acadar ata 10.800€ por vivenda.

O prazo de presentación de solicitudes comenzará o día 27 de xaneiro e rematará o 15 de outubro. No seguinte enlace ao DOG pode ampliarse a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioC3Q2-070125-0001_gl.html