Escoitar
O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo expón as políticas de vivenda da Xunta no Congreso Nacional que se celebra en Barcelona
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2026
O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo da Xunta, Heriberto García Porto, expuxo hoxe as políticas de vivenda da Xunta na súa intervención no V Congreso Nacional de Vivienda que se celebra en Barcelona. García Porto participou nunha mesa redonda sobre as actuacións que as distintas administracións están levando a cabo para facilitar o acceso á vivenda, onde destacou de xeito especial e como referente a Estratexia Galega de Desenvolvemento de Solo, coa que o Goberno galego está desenvolvendo solo para 25.000 vivendas, 20.000 delas protexidas.
Recordou que a Xunta ten en marcha 4.670 vivendas públicas e detallou que 1.861 xa están en obras.
Fixo fincapé na importancia da colaboración co sector e puxo en valor o II Pacto de Vivenda de Galicia aprobado.