Escoitar
O Observatorio de Vivenda de Galicia aborda o Plan estatal de Vivenda 2026-2030 e os proxectos de interese autonómico que ten en marcha a Xunta
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2026
O Observatorio de Vivenda de Galicia mantivo hoxe unha nova reunión, presidida polo secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, na sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na que os participantes abordaron o Plan estatal de Vivenda 2026-2030 e os proxectos de interese autonómico (PIA) que ten en marcha a Xunta.