O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, mantén unha xuntanza con representantes da asociación Lideremos
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2025
O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, mantivo unha xuntanza con representantes da asociación Lideremos, Eliseo Sambad Barrientos, Maximiliano Cánovas Toba e Sabela Sáenz de Viteri García.
Na reunión, García Porto explicou as axudas da Xunta de Galicia para facilitar o acceso ás vivenda aos menores de 36 anos, tanto para o pago do alugueiro como para a adquisición.