O delegado territorial da Xunta participa na inauguración da xornada ‘Alíate ao Pobo: Tecendo Futuro no Rural’
Ourense, 10 de xuño de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na Delegación Territorial, na inauguración da xornada ‘Alíate ao Pobo: Tecendo Futuro no Rural’, promovida pola asociación Provivienda, e na que se analizaron posibles solucións para o acceso á vivenda nas zonas rurais de xeito sostible.