O Consorcio Casco Vello de Vigo abre o ano con novos proxectos para rehabilitar e crear máis vivenda coa compra dun novo edificio e unha licencia para O Berbés
A delegada territorial da Xunta e presidenta do CCVV, Ana Ortiz, asistiu este xoves ao consello de administración do organismo autónomo
O traballo de recuperación continuará coa licencia de obra de dous edificios da Ribeira do Berbés e coa compra dun inmoble en mal estado na rúa Real
Vigo, 29 de xaneiro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello (CCVV), Ana Ortiz, avanzou este xoves os novos proxectos do organismo autónomo para recuperar edificios en mal estado e dotar ao barrio histórico con nova vivienda. Tras asistir ao consello de administración do organismo autónomo celebrado na súa sede da rúa Ferrería, a representante autonómica informou dos plans para continuar co traballo de rehabilitación de dúas zonas simbólicas da cidade.
Así, Ortiz sinalou que ao longo do presente ano 2026 estará lista a licencia para os edificios situados nos número 25 e 27 do barrio de O Berbés. A planificación do CCVV establece que se crearán seis novas vivendas nos dous inmobles, un deles xa completamente baleirado. Ademais, tamén procederase este ano á compra do edificio do número 20 da rúa Real para iniciar o proxecto de recuperación.
“O traballo feito durante os últimos 20 anos para a recuperación do barrio histórico vai a ter continuidade, porque o noso compromiso é firme e imos seguir nesta liña para que o Casco Vello teña unha rehabilitación integral no menor tempo posible e tamén aporte novas vivendas para novos veciños”, sinalou a presidenta do organismo.
A delegada lembrou que o Consorcio Casco Vello “é un dos mellores exemplos do traballo continuado que realizamos en favor da cidadanía viguesa cando non se lle poñen trabas” e indicou que xa hai 90 edificios rehabilitados, 130 vivendas e 36 locais en marcha para “dar vida de novo a un barrio que se atopaba en moi mal estado”.
Ademais, sinalo que se procederá a escriturar proximamene as dúas vivendas que o organismo autónomo rematou en Hortas-San Sebastián. Tamén informou de que as vivendas xa están listas para entregar aos novos adxudicatarias que gañaron o sorteo público celebrado o pasado mes de outubro.
Plan de Actuación 2026/2030
Ortiz lembrou que o pasado outono o CCVV aprobou tanto o seu Plan de Actuación 2026-20230 como o convenio entre administracións e o Plan de Actuacións, Investimentos e Financiamento (PAIF) 2026. O Plan de Actuación aprobado por unanimidade marca as pautas de rehabilitación que levará a cabo o organismo durante o vindeiro lustro. Así, un total de 25 inmobles son cualificados como obxectivo de actuación prioritaria e outros 20 edificios máis integran unha listaxe de actuación secundaria para dotar ao plan de flexibilidade.
Ademais, o plan contará cun investimento dun total de 15,1 millóns de euros, que será financiado mediante ingresos por venda de inmobles, transferencias de capital dos entes consorciados e ingresos correntes.