Martina Aneiros mantivo unha reunión coa comunidade de propietarios do edificio Telleiras, 3 de Narón

Ferrol, 3 de febreIro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho ao representante da Comunidade de Propietarios do edificio Telleiras, 3 de Narón, con motivo da problemática de humidades que están a padecer actualmente.

Durante a reunión, na que tamén estiveron presentes a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, e o xefe de servizo técnico do IGVS, Valeriano Rosales, se lles comunicou que a Xunta farase cargo das obras de reforma da cuberta e impermeabilización das fachadas para poñer fin ás humidades deste edificio. Nos próximos días, técnicos da Consellería visitarán o edificio para elaborar o documento técnico que permitirá a posterior licitación dos traballos.

A delegada ofreceu toda a colaboración da administración autonómica e quedou a disposición destes veciños.