María M. Allegue participa na celebración da 27 edición da Festa da Troita, no concello de Oroso

Oroso (A Coruña), 11 de maio de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou hoxe nas celebracións da vixésimo sétima edición da Festa da Troita, no concello coruñés de Oroso.

M. Allegue destacou a festa “como cita imprescindible” en Galicia e felicitou ao alumnado do IES de Oroso que este ano se encargou da lectura do pregón pola súa implicación na festa.

A conselleira puxo en valor esta celebración como punto de encontro da veciñanza e visitantes para compartir durante tres días gastronomía, cultura, música e animou aos presentes a desfrutar dun programa repleto de actividades.