María Deza Martínez toma posesión como directora da Axencia Galega de Infraestruturas
Allegue deu a benvida á nova directora da AXI, María Deza, e destacou o seu traballo, compromiso e capacidade xerencial para afrontar a nova responsabilidade
Agradeceu a Francisco Menéndez “a súa entrega, dedicación e lealdade nas obrigas como director da AXI” ata agora
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2025
María Deza Martínez toma posesión como directora da Axencia Galega de Infraestruturas.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral técnico da consellería, Yago Borrajo, e o equipo directivo, presidiu hoxe esta toma de posesión.
O Consello da Xunta autorizou onte o nomeamento da nova directora, en substitución de Francisco Menéndez, que cesa a petición propia.
Allegue agradeceu a Francisco Menéndez o “traballo, entrega, dedicación e lealdade nas obrigas como director da AXI” durante os últimos 11 anos.
Por outra parte, deu a benvida á nova directora, María Deza, e destacou o seu traballo, compromiso e capacidade xerencial para afrontar a nova responsabilidade.
María Deza Martínez é licenciada en Dereito (pola rama económica empresarial) pola Universidade de Vigo e posúe un máster en Economía e Xestión da construción, especialidade en Xestión Inmobiliaria e Urbanística pola Universidade da Coruña. Ata agora, voceira e primeira tenenta de alcalde no Concello de Sanxenxo.
Estreouse como deputada no Parlamento polo grupo do PPdeG pola provincia de Pontevedra na actual Lexislatura, ata a data voceira na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos e vicepresidenta na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.