M. Allegue preside a reunión do consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal)
Santiago de Compostela, 9 de decembro
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, presidiu esta mañá á segunda reunión do consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), na que participou o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto.
Nesta sesión abordáronse cuestións de organización e xestión desta entidade, que depende do departamento que dirixe M. Allegue.
A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia ten o obxectivo de promover 2.350 vivendas públicas ata el 2028 para, conxuntamente coas impulsadas polo IGVS acadar o reto de chegar ás 4.000 novas vivendas protexidas nesta lexislatura. Neste sentido a Xunta ten xa máis de 1.600 vivendas en distintas fases de execución.