A directora xeral de Urbanismo participa na III Conferencia Estratéxica de Arteixo

Arteixo (A Coruña), 3 de abril de 2025

A directora xeral de Urbanismo da Xunta, Encarnación Rivas, participou hoxe na III Conferencia Estratéxica de Arteixo celebrada no Centro Cívico e Cultural do concello e que nesta edición levou por lema “Gañar o futuro xuntos”.

Rivas tomou parte nunha mesa redonda con representantes de distintas administracións públicas para abordar os retos da ordenación do territorio.