A conselleira Martínez Allegue aborda con EAPN- Rede Galega Contra a Pobreza distintas liñas de colaboración en materia de vivenda

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo coa presidenta de EAPN Galicia- Rede Galega Contra a Pobreza, Ana Pardo, no que abordaron futuras liñas de colaboración en materia de vivenda.

Esta reunión, na que tamén participaron outros representantes da citada entidade, enmárcase nas distintas xuntanzas que a conselleira está a manter con colectivos que traballan a prol da mellora do acceso á vivenda por parte de persoas en situación de vulnerabilidade.

María M. Allegue informou aos representantes desta entidade sobre os diferentes programas que ten en marcha a Xunta para garantir a vivenda aos colectivos máis vulnerables.