A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo coa alcaldesa de Cervo
Lugo, 9 de outubro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés.
No encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, e no que tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director territorial da consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro, a conselleira e a rexedora trataron actuacións de urbanismo de interese no municipio.
Esta xuntanza enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o Goberno galego cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.