A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde do Incio

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo.  Na reunión tamén estivo o director territorial da Consellería en Lugo,  Marco Antonio Piñeiro.

No encontro, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron a nova liña de axudas da Xunta para a rehabilitación de vivendas  en concellos de menos de 5.000 habitantes.

O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.