A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde do Grove
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, vén de manter unha reunión de traballo co alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos.
No encontro, que tivo lugar esta mañá en San Caetano, tamén participaron o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González.
Na xuntanza, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio.
A Xunta continúa prestando a súa colaboración aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.