A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Pontedeume
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández. Na reunión tamén estivo a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire.
No encontro, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de vivenda e urbanismo, de interese para este municipio.
O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.