A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Ponte Caldelas

Pontevedra, 6 de novembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz.

No encontro, no que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas e vivenda, de interese para este municipio.

O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.