Escoitar
A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Curtis
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Curtis, Javier Francisco Caínzos.
Nesta xuntanza, á que tamén asistiu a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, abordáronse diferentes actuacións en materia de vivenda e infraestruturas, de interese para este municipio coruñés.
Este encontro enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo M. Allegue cos concellos para prestarlles apoio e poder impulsar proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.