A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Corcubión

A Coruña, 14 de xullo de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Corcubión, Francisco Xabier Domínguez Traba.

Neste encontro que tivo lugar esta mañá no edificio administrativo da Xunta na Coruña, ao que tamén asistiu a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, a conselleira detallou liñas de axudas ás que pode acollerse o concello, en materia de vivenda e de infraestruturas.

O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.