Escoitar
A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Barro
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, na que abordaron posibles liñas de colaboración en materia de mellora de infraestruturas. Á reunión, que se celebrou no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra, asistiu tamén o director territorial da Consellería, José Manuel González.
O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.